A DIRECCIÓN DA ESCOLA INFORMA A TODAS AS NAIS E PAIS DO ALUMNADO DESTE CENTRO.

Segundo o artigo 25 do Decreto 329/2005

Calendario e horario de apertura.

Cada centro abrirá durante un mínimo de oito horas diarias, en xornada partida ou continuada, cinco díasá semana de luns a venres e doce meses ao ano,salvo causa xustificada.

Non obstante, respectando estes mínimos, cada centro poderá determinar os seu calendarios e hora[1]rios de apertura e peche ao público en función dademanda existente e da necesaria conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

3.teñen ó seu dispor, nas instalacións da escola, un libro de reclamacións.

4. poden remitir directamente queixas e reclamacións á unidade de inspección de servizos sociais co fin de que as avalíe e, cando proceda,realice as actuacións oportunas tal como se establece no artigo 45.2 do DECRETO 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime derexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

Na Coruña a 4 de novembro de 2022

A TENDA DE ANTÓN NO MERCADO DE MONTE ALTO

A tenda está sen actividade dende marzo do 2020. O peche foi definitivo xa que, cando abrimos de novo a persiana metálica comprobamos que as paredes non resistiron e comezaron a desprenderse os azulexos.

Non queremos poñernos moi melancolicas, pero é como se o propio e fermoso espazo no que convertimos, chorara a perda da presenza de tantos e tantas cativas que xogaron nel.

Que marabillosa experiencia vivimos, aprendimos grandes e pequenos de que un mercado é un espazo fundamental na vida dun barrio. Nin super, nin grandes superficies poden suplantar a relación directa e cercana cos tendeiros e tendeiras, ca presenza dos produtos de proximidade que son colocados e presentados ca delicadeza e interese para ser escollidos.

Canto botamos de menos a tenda !! Esperamos, que a dilatada e prolongada no tempo obra de reforma do mercado, sexa xa, e se o concello quere, voltar a ter un espazo para xogar as tendas.

Nun días recuperamos o mercado co panel que fixemos o comezo deste proxecto, así lembraremos aos homes e mulleres do mercado e a facer esos mostradores de alimentos que tan importantes son para a súa venda.

O grupo Pirilampo puso música e voz a proxectos valiosos da escola, foron anos moi especiais.

Vou da mán – proxecto PASEANDO POLAS RÚAS.Premio da DGT.

A Roda Roda-proxecto de Ciencia . Premio de Ciencia na Acción

O ritmo do son.proxecto de Ciencia. Premio de Ciencia en Acción

Levamos tempo sen facer publicacións, xa que hai outras formas máis rápidas de información que estan a xogar a función de vixionar e participar no día a día da escola.

Sen dúbida este blog sempre foi un magnífico caderno onde atopar e mostrar un cachiño da nosa forma de facer escola. Intentaremos recuperar o tempo perdido e manter a ilusión de facer publicacións semanais que complementen os correos electrónicos e WhatsApp que habitualmente son os medios habituais de contacto e información.

Podemos sinalar que durante estes meses de curso recuperamos as reunións familiares de cada grupo. A nosa intención é que sexan trimestrais e esperamos que siga sendo posible.

No mes de outubro tivemos os tres encontros , onde recuperamos a posibilidade de contar e explicar o facer diario e atender cuestións xerais da organización escolar e do grupo.

Tamén celebramos de novo a festa de outono. Tivo que ser no mercado por razón de climatoloxía. Foi unha festa moi celebrada por numerosas familias e todos sentimos a felicidade e necesidade por recuperar estos momentos.

Os promotores da festa como sempre, as músicas, bailes, actividades de natureza, obradoiros de tesouros e unha merenda especial preparada pola escola.

Sempre música !!

O concello recolle na web municipal noticias da escola.

https://www.coruna.gal/educacion/gl/actualidade/novas/detalle-noticia/a-escola-infantil-municipal-monte-alto-celebra-o-outono/suceso/145378105

Aínda que temos moito que contar..decir que:

O proximo xoves día 9 de decembro hai unha actividade relacionada co reciclaxe e a reutilización de materiais organizada polo alumnado de prácticas do CIFP Ánxel Casal dirigida ao grupo do cacho cole (2-3 anos).Baixo o título FUTUCLAXE: PRESENTE E FUTURO DO RECICLAXE

No está nada mal volver a escoitar as cancións adicadas aos materiais que máis utilizamos