IMOS AO HORTO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL OS CATIVOS EN PALAVEA

MÉRCORES 26 DE NOVEMBRO. GRUPO CACHO-COLE

MARCHAMOS DA ESCOLA COS APEIROS E FERRAMENTAS DE TRABALLO PARA O HORTO DA ESCOLA OS CATIVOS.

EIM OS CATIVOS É UN CENTRO COLABORADOR DO PROXECTO O HORTO DE ANTÓN DE VOZ NATURA.

TEMOS CATRO PRAZAS LIBRES PARA FAMILIAS QUE QUEIRAN VIR CON NÓS.

APUNTAROS A TRAVÉS DO CORREO DA ESCOLA.

MÁIS NOTICIAS NO BLOG DE VOZ NATURA DA ESCOLA

O horto de antón

xogos coa luz e a mestura de fariña e auga.fondo blogue

A mesa de luz permita crear esta mestura de cores e texturas. Cando falamos do universo, do ceo, das estrelas..podemos ca imaxinación debuxar como será aquilo que a simple vista non podemos ver.

As imaxes que chegan a través dos «robots espaciales» son increibles..podemos facer un xogo imaxinario onde creamos planetas, estrelas,galaxias,cometas..todo é posible, e a nosa capacidade de asombrarnos coas creacións propias non debe parar..adiante todo un universo por explorar.

Yuri Gagarín foi o primeiro home que viaxo ao espazo ..e nós con él xogamos a levalo de novo nunha nave esférica..que viaxa polo ceo da escola..mentra escoitas mensaxes e unha música especial.

Ciencia e creatividade, é o camiño.

 

Obradoiro de froitas e verduras no cacho-cole e na tenda de antón

Coa colaboración da OMIC, tivemos hai uns días o primeiro obradoiro adicado aos alimentos, neste caso as froitas e verduras.

Unha sorte contar como monitora cunha nai da escola CARRICANTA, xa sabía moito dos intereses e gustos dos nenos e nenas destas idades.

Grazas por esta boa colaboracila foto(310)ón, como non, rematamos  a actividade na tenda de Antón.

Na páxina de actividades do grupos podedes encontrar os pais e nais este documento do grupo CACHO-COLE

Un adeus Madame Curie / Unha benvida..Yuri Gagarín

3 madameA aprecidada Madame Curie xa non esta con nós, non tiña síntomas de estar maliña, e pensamos que a idade debeu ser o motivo do seu final.Por iso a imaxe do noso blogue durante estes días ten a imaxe simpática dun animaliño tan divertido,xoguetón,e apreciado por todos.

cropped-la-foto481.jpg

Aos pocos días xa tíñamos un novo amigo entre nós, é como non podía ser de outra forma, un novo hamster pasa a ocupar a casiña de M.Curie. Neste caso, un hamster ruso, que dentro duns días terá tamén a súa imaxe no noso blogue.4 madameMantén a estela científica das súas antecesotras ( Hipatia e Madame Curie) e polo tanto e estando no curso onde o ceo é tan protagonista, o nome que leva é o do famoso astronauta Yuri Gagarín, que foi o primeiro en viaxar polo espazo.

Na próxima saída espacial da escola, estará con nós na súa capsula-bola. ¡¡Ata sempre Madame Curie!!

Somos Monte Alto, a escola pequena que está xunto o Mercado do barrio.

Somos a escola infantl municipal Monte Alto dende 1987

Somos a escola infantl municipal Monte Alto
dende 1987

Que sorte identificarnos cun barrio que está cheo de actividade comercial,veciñal, cultural,social!! . aínda que moitas veces sería máis  fácil  para o noso traballo, estar aisladas da rúa, do tráfico, dos berros de veciños, dos donos e donas de cans e cadelas irresponsables..da auga permanente que rodea a escola…Pero a pesar de todo isto, gústanos o noso barrio.

Onde todos, os de fóra e dentro, traballamos por facer que os nenos e nenas recoñezan que este espazo é particular: casa,escola,mercado, plaza, barrio e cidade son referencias moi importantes para medrar no estimable valor de «pertenencia  e identificacion»

Este sentimento comeza a adquirirse dende moi pequenos,e é tan fundamental, que  adicamos  un importante tempo , e por iso imos sin moito barullo a construindo  esta rede de socialización que xunto as familias fiamos dun xeito tranquilo e continuo.

As prazas e xardíns son lugares excelentes para os pequenos ..!Cantos se ven no Campo de Marte! Na praza do reloxo !! pola tarde.

Agora,  na escola hai algo moi especial, grazas a un grupiño de nenos e nenas que colleron gusto por tocar como o fai Felix..Felix toca a guitarra..que sorte!! Pois nove pequenos que xa marcharon da escola o curso anterior volven os luns a súa escola para tocar e aprender da música. Guitarras pequenas, as máis pequenas das tendas de música, están reunidas cada luns de seis a sete de novo aquí. Ese fío de pertenencia e case dereito de propiedade é moi interesante, xa que os vai enchendo de pequenas responsabilidades sobre aquilo que sinten como deles.