Somos Monte Alto, a escola pequena que está xunto o Mercado do barrio.

Somos a escola infantl municipal Monte Alto dende 1987

Somos a escola infantl municipal Monte Alto
dende 1987

Que sorte identificarnos cun barrio que está cheo de actividade comercial,veciñal, cultural,social!! . aínda que moitas veces sería máis  fácil  para o noso traballo, estar aisladas da rúa, do tráfico, dos berros de veciños, dos donos e donas de cans e cadelas irresponsables..da auga permanente que rodea a escola…Pero a pesar de todo isto, gústanos o noso barrio.

Onde todos, os de fóra e dentro, traballamos por facer que os nenos e nenas recoñezan que este espazo é particular: casa,escola,mercado, plaza, barrio e cidade son referencias moi importantes para medrar no estimable valor de «pertenencia  e identificacion»

Este sentimento comeza a adquirirse dende moi pequenos,e é tan fundamental, que  adicamos  un importante tempo , e por iso imos sin moito barullo a construindo  esta rede de socialización que xunto as familias fiamos dun xeito tranquilo e continuo.

As prazas e xardíns son lugares excelentes para os pequenos ..!Cantos se ven no Campo de Marte! Na praza do reloxo !! pola tarde.

Agora,  na escola hai algo moi especial, grazas a un grupiño de nenos e nenas que colleron gusto por tocar como o fai Felix..Felix toca a guitarra..que sorte!! Pois nove pequenos que xa marcharon da escola o curso anterior volven os luns a súa escola para tocar e aprender da música. Guitarras pequenas, as máis pequenas das tendas de música, están reunidas cada luns de seis a sete de novo aquí. Ese fío de pertenencia e case dereito de propiedade é moi interesante, xa que os vai enchendo de pequenas responsabilidades sobre aquilo que sinten como deles.

 

 

 

Un pasiño adiante:encontro coas mestras de 2º ciclo EI.

la foto(367)Mestras de infantil  do Ceip Sanjurjo de Carricarte e Ceip Víctor López Seoane

A continuidade entre o (0-3) 1º ciclo de infantil e (3-6) 2º ciclo é necesaria e lóxica, incomprensiblemente  dividida e motivo deste encontro coas mestr@s que o próximo curso terán nen@s da nosa escola.
O noso compromiso é facilitar esta nova etapa que comezan @s maiores en outros centros: primeiro dando a coñecer as nosas propostas, dinámicas de escola,metodoloxía ofrecendo colaboración para compartir experiencia, elaborando material gráfico para que cada nen@ atope un «cachiño de escola» na súa nova aula, para  contar , expresar e compartir  emocións,cancions,palabras con novos compañeir@s e cunha mestra que coñece a súa » anterior escola», as súas  «anteriores educadoras», os seus proxectos e a  súa inquietude e compromiso  por favorecer unha ponte entre a escola e o colexio.
 
Os blogs destes dos centros públicos do barrio de Monte Alto son moi interesantes e recomendamos a súa visita.
bichinhosmontealto.blogspot.com Ceip Sanjurjo de Carricarte

 cachelinhasdatorre.blogspot.com Ceip Víctor López Seoane